martes, 28 de febrero de 2012

Nada. Nada me agarda, agárdame a Nada. Perdín. Perdino todo. Son vencida e entrego o campo da lide. Perdín a miña obra, entreguei a vida e leixei a alma, perdín o fío e eu pretendín ficar, reténdoo a el. Mais perdín. Perdín na lide. Aquí estou a desfacerme. isto é a dor. A dor absoluta. Que escarnida é esta dor que nin doe. É a desesperación. A desesperación que non importa. É o vacío. Extíngome. Este ser esvaécese. Este monstro esfarélase en pro para o alivio dos vivos, para alivio da cidade. Extínguese o monstro sen que alcance a ver luz ningunha diante, na fin de todo non había cousa, refuxio. Sequera para min. os meus ollos cegaron e é agora cando enxergo un claror como de alabastro dentro, na bóveda dos ollos, mais non pode ser nada, non pode ser que haxa cousa ningunha para min. Dixen min, aquela que fun hai tanto. Este ser que alcanzou chegar aquí extínguese e só ficará a pedra. todo o meu servizo hei perdido.

No hay comentarios:

Publicar un comentario